De sonos e vixilias

Onte á tardiña chegamos á casa. O Comité de Benvida, cos avós en pleno e a Catuxa, estaba agardando. A nena interactuou un pouco con Paulo, rindo e imitando os acenos que facía coas mans.

Deitamos a Catuxa cedo, porque hoxe tiña que chegar á escola a iso das nove. O de Paulo alongouse máis: tomou teta a iso das once, e completámoslle cun bibe. Parecía que quedaba tranquilo, pero entre eructos e gases os minutos foron pasando.

Pasaba xa da unha cando caímos na conta. Paulo pertence á especie denominada en términos técnicos tragón do carallo (pennis devorator), e houbo que aumentar a dose: foron case 100 ml, ademais da teta. O resultado foi demoledor: son agora as nove da mañá e nai e fillo seguen a durmir, dun tirón: ¡sete horas!

Por outra banda, ás oito tocoulle o turno a Catuxiña. Ergueuse axiña ao chamado da Tita, pero había que verlle os olliños de sono (xunto cos mocos, compuñan un panorama triste). Pero bueno, foi vestirse, tomar o cacao coas bolachas, facerse as coletas e alí marchaba, feliz cara ao colle.

Comentarios

Entradas populares