Amaral

[En castellano] Co tempo, as pequenas cousas arredor da nena vanse facendo costume. Xa son case once meses con ela trouleando por aquí. Un deses costumes é, como non, cousa da avoa.

Cada vez que a Catuxa chega ao Peredo - e tralo fenómeno fan que se produce arredor do coche: é como se en vez de Catuxa viaxara nel Madonna, e en lugar da avoa houbera centos de siareiros tolos; iso si, a nena parécese moito menos a Madonna que a avoa a centos de siareiros tolos - e entramos na casa, a siareira tola procede a pór a todo volume o último disco de Amaral.

"Quiero vivir, quiero gritar, quiero sentir el universo sobre mí. Quiero correr en libertad, quiero encontrar mi sitio."

Catuxa, non tiña outra, recoñece a canción axiña: ri, move as cadeiras, baila ao seu xeito. Sempre. Non hai posibilidade de erro. E a siareira tola tamén ri, e tamén move as cadeiras, e tamén baila ao seu xeito. Non sei se haberá retrato máis preciso da ledicia.

En fin, que isto tiña que quedar inmortalizado. Cando se fixo esta gravación, a avoa non estaba presente, e iso nótase. Pero abonda para ouvir as risas da Catuxa - interesada tamén na carreira de motos, na tele do fondo - e os seus amagos de baile.



Por certo, que mentres escribía o anterior, puxeron na radio "El Universo sobre mí". Misterios insondabeis deste mundo.

Comentarios

Abuela de Catuxa ha dicho que…
Amaral en esta casa es para Catuxa como el pan para su abuelo : algo
imprescidible. Ella va a su rincón y lo sabe pedir de mil maneras, la más frecuente consiste en irse al lugar donde está él equipo y ponerse a bailar , si, si, a bailar.Cuando escucha aquello de "Sólo queda una vela encendida en medio de una tarta y se quiere consumir"... la cara de felicidad es todo un poema. Le gusta mucho la música,probaremos otras.... para descansar del "quiero vivir, quiero sentir..." que a iniciativa propia le puse un día y que ya cansa un poco , pero que a ella le divierte y le encanta.

Entradas populares