Noite de probas

Isto é case blogear en directo. Veredes, hoxe é noite de probas: hai un par de horas, como tódolos días, cando remataron Epi e Blas, subimos a lavar os dentes e deitamos a Catuxa. Até aquí, o de sempre.

Pero hoxe hai unha novidade importante: non a deitamos no seu berce, senón na cama. Pola mañá mercaramos unha barreira para evitar caídas, e xa sen demora quixemos probala hoxe mesmo. Alí quedaba: como sempre, co seu pete, co seu canciño.

Polo de agora, calma chicha: parece que non ten problema. Pode que onte fose a última vez que durmía no berce. Tede en conta que xa é unha nena maior: axiña comeza no cole...

Comentarios

Entradas populares