O colle (como lle chama ela)

Catuxiña comenzou onte mércores no cole.

En realidade, estas primeiras clases corresponden a un período de adaptación que a titora decidiu facer en dous grupiños de 6 para que sexa menos impactante. Ademais só acudimos unha hora e media ó día, para que ela se vaia familiarizando co entorno, a profe, os novos compañeiros, etc..

O certo é que Catu non pasa a clase chorando pero tampouco se integra demasiado na dinámica que Rebeca, a mestra, pretende crear. Ela vai á súa bola, eso sí sin perder de vista a mami. De feito, dos 6 nenos do seu grupo, Catuxa é a única cativa que estivo sempre acompañada pola nai/pai de turno; os outros nenos xa pasaron por unha pequena separación temporal do acompañante para ver a reacción i en todos foi boa.

De calquera xeito, a nosa protagonista vai bastante contenta ao "colle", e incluso, á hora de marchar, pon alguna pega para baixar dos cocheciños de xoguete que teñen no patio, (así que a cousa non lle disgusta de todo).

Mañá venres, supoño que tentaremos unha pequena separación e xa vos contarei cal foi o resultado.

Comentarios

Entradas populares