Seareiros

O tío Ja é un forofo impenitente do Dépor. É, ademais, un forofo dos bos: na Champions ou pelexando por non baixar, con Bebeto e Makaay ou con Taborda e De Guzmán. Non falla, sempre está alí, non como outros.

O tío Ja, igual que fixera con Catuxa, pediu libre un día no traballo para unha xestión esencial: facer socio do Dépor a Paulo. Así que, como hai dous anos, chegou ao hospital a primeira hora da mañá seguinte ao Día D, cos papeis do rexistro; enchímolos, fixeron o mesmo os médicos e levounos de volta. En canto quedou constancia oficial da existencia de Paulo, foi cara ao Dépor e sacou o seu carnet.

Polo tanto, Paulo, igual que Catuxa, é socio do Dépor con apenas 24 horas de vida. Gracias ao tío Ja.

Velaquí as probas.

Comentarios

Entradas populares