O que te agarda, Catuxa!!!

Non sabiamos como ía responder, pero a verdade é que a rapaza ten levado moi ben o cambio de casa. Nin un día alterada, nin trocos no sono, nin máis micos que os cotiás. Nada.

Pero o que está por vir é moi forte. Para empezar, a semana que ven arranca a escola. Tras case dous anos á beira das saias de mami ou das avoas, Catuxa vai sair á selva da sociedade. A ver como vai a cousa.

E non moito despois, antes de que remate o mes se non hai novidades, chegará o irmanciño.

¿Demasiados trocos xuntos? Xa veremos.

Comentarios

Entradas populares