Diversificando os gustos musicais

Supoño que todos temos lido que a música clásica, especificamente a de Mozart, axuda a estimular o cerebro do bebé e a desenvolver a súa intelixencia, incluso mentres se atopa na barriga da nai. Debo confesar que eu era dos que pinchaba ao simpático de Wolfgang antes e despois da Catuxa sair ao mundo.

Pero, co paso dos meses, a miñoca foi definindo os gustos de seu. Algo si se desviou da traxectoria marcada de partida: Los Lunnis pasaron a ser o seu referente musical, de xeito que aínda hoxe insufribeis días de horas e horas con Lupita & Co de irremediábel fondo son norma.

Só hai un grupo de recoñecidos artistas capaces de faceren sombra aos Lunnis. Os arquifamosos Blas, Epi, Coco e amigos, con éxitos mundiais como "Marchar, marchar" ou "O meu vasiño".

Non obstante o anterior, temos detectado nas últimas semanas un xiro cara ao indie de actualidade máis rabiosa. É certo: Deluxe gabea, non sen esforzo, até o cumio do Olimpo musical catuxiano. Sen dúbida, a este feito contribúe o profundo texto da canción favorita da cativa:

"Siento decirte
que no, que no, que no, que no,
que no, que no, que no, que no,
que no, que no, que no,
siento decir que no"

Lido o anterior, é comprensíbel que, cade vez que subimos ao coche, a frase que temos que escoitar de Catuxa, imperativa e acuciante, sexa "Ensende que no"...

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Increíble. Inés tiene varias canciones favoritas, pero está demasiado influenciada por su papi y sus preferidos son Belle & Sebastian y Arctic Monkeys, amén de la banda sonora de Schrek y las canciones propias de la guarde... gustos muy eclécticos. Pero lo mejor es cuando coge un boli a modo de micrófono y canta en inglés!!! (en su versión de lo que es el inglés, claro)
Mamá de Ponchuda
Anónimo ha dicho que…
Seica Jarabe de Palo é outro dos grupos favoritos dos pequenos, igual por eso da facilidade para lembrar as letras das cancións...

Entradas populares