Evolución no "colle"

Como o prometido é débeda, e nos próximos días non me vou poder conectar por razóns ben sabidas, quero comentar as evolucions de Catu no "colle".

Os primeiros tres días de clase, fun eu a acompañante, e como xa vos contei, a integración da nena no grupiño era mais ben escasa. De feito o venres tentamos unha pequena separación de apenas cinco minutiños, e Catuxa chorou como unha descosida chamando por sua nai (algo ao que recoñezo que non estou acostumada). Traumático.

O luns tocoulle o turno a María, alias "Tita", e as cousas seguiron igual; incluso a mediados de semana, a nena pasou por unha pequena crise e non se separaba de María mais de medio metro, por si as moscas. Parecía que ibamos cara atrás como os caranguexos, pero o xoves voltou a normalidade e "Tita" puido ir ata o coche a buscarlle a gorra para saires ó patio; e o venres, ATENCIÓN!!!!, Catuxa quedou tranquila na clase practicamente hora e media, todo un logro.

O certo é que lle está costando, pero eu comprendo que non podemos pretender que se adapte a tantos cambios sin un pouquiño de esforzo. Ademais xa se vai quedando cos nomes dos compañeiros, e cando lle preguntas enumera sen esforzo: David, Uxia, Sara, Mateo, Nico, Martina.....

Pois iso, despaciño e con boa letra.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Hola me llamo Maria Jesus siempre leo vuestro blog, te deseo mucha suerte con la llegada de este nuevo bebe y espero q mañana todo salga bien.tb tengo un niño se llama Alejandro y tiene 4 años,somos de Coruña tb.

Entradas populares