O novo curmanciño

Pois si. Os tíos Joge e Cayo (en linguaxe catuxiana; Jorge e Carol para o resto do planeta) van ser pais: velaquí tedes a proba.

Así que a Catuxa vai ter, en cousa de sete meses, un irmanciño e un curmán ou unha curmá, que aínda falta para sabelo. Se os engadimos a Maco e Alesh (en catuxiano; Marco e Alex para os demais), van formar unha panda xeitosiña.


Por certo, para os interesados: a noite de proba transcorreu con total normalidade, igual que a sesta de hoxe. Agora mesmo, Catuxa durme por terceira vez na súa cama: o berce xa está esquecido, e camiño do cuarto do irmán (a ver se decidimos o nome dunha vez, carai).

Comentarios

Entradas populares