Coca Cola

A cor do pelo, a dos ollos, o carácter, a altura: tantas cousas en cada un de nós é - para ben ou para mal - herdanza dos nosos pais. Deixo para cada lector o matinar acerca de que herda Catuxa de quen.

O que non ofrece dúbida é que Catuxa ten herdado, alomenos, unha característica do seu avó paterno: desgraciadamente, non se trata da súa paciencia infinita nin do seu carácter atemperado e maino. Non; do mao, o peor: Catuxa é adicta á Coca-Cola.

O avó Pitu, no seu bo xuízo, afixo á cativa a probar un chisco do seu sempiterno e omnipresente vaso de Coca-Cola cada vez que o tiña na man (isto é, case sempre). As primeiras veces era gracioso ver como Catuxa experimentaba coa posición dos beizos para que a brebaxe rematara na súa boca. Despóis, deixou de ser tan gracioso que Catuxa se anoxe cada vez que ve un vaso - da igual con que líquido de cor dentro: viño, coca-cola ou café - e berre pregando o chisco de rigor.

Asi pois, cando alguén saborea un refresco nas inmediacións de Catuxa, esta deixa de prestar atención a calquera outra cousa e abre a boca de par en par perante uns segundos; se non hai reacción, fai ruidos tipo bico - ¡¡Chhppp!!, ou algo así: chasquido dos beizos - para solicitar, impaciente, o chisco; se o adulto se fai o tolo, chega a abordaxe: a nena lanza o seu estilizado corpo contra o vaso e todo o que atope no camiño; finalmente, comezan os anoxos - ¡¡Jmpnf!! - e os berros. Non queda outra que darlle o vaso, rir mentras toma o chisco e lembrarse con agarimo do avó.

Grazas, Pitu, polo teu gran de area á educación da Catuxa.

Comentarios

Abuela de Catuxa ha dicho que…
Corroboro todo lo dicho en el artículo. Que conste que Pitu ha llevado alguna que otra bronca por esa actitud poco o nada educativa(¡ parece mentira! ) que ya ha inculcado a la peque.
Pero ¡ caramba! los abuelos de vez en cuando pueden hacer alguna " trasnada" con los nietos. Los papis están para educar y los abuelos para colaborar en la educación y la mala educación.

Entradas populares