Hoxe non estivo a nena

Remataron as vacacións e hoxe houbo que voltar ao traballo. E como non podemos coidar á nena ao longo do día, comezaron os turnos: María veu pola mañá e, ao mediodía, os meus pais levaron a Catuxa para O Peredo.

Parece mentira o valeiro que se crea cando non está a pitufa. As oito e media pasei por diante do seu berce, e pensei "agora estaría durmindo a siesta de antes do baño"; cando deron as nove, "agora estaríamos espíndoa para o baño"; ás nove e cuarto, "e agora papando no biberón, sen deixar nin gota"; e hai un rato, a iso das dez, "e, por fin, estariamos a darlle as boas noites".

Unhas horas sen vela e xa se bota moito, moito de menos. Até parece que Carpín non atopa algo na casa.

Pero bueno, todo pasa axiña. Mañán, para o xantar, xa estará aquí cos avós.

Comentarios

Entradas populares