Carpín

Unha das eivas do dito até o de agora é non termos apresentado a unha das persoaxes sobranceiras na ainda curta vida de Catuxa: Carpín.

Carpín - gato de palleiro, gris atigrado, nome de escura orixe - é outra clara proba dun feito indubidábel: a capacidade de decisión do home na vida familiar é ningunha desde o día inmediatamente seguinte ao casamento. Xa vai para tres anos que comezou a internacionalmente recoñecida relación amor-odio entre Carpín e o que isto asina.

Antes de que Catuxa nacera, o caso Carpín ocupounos - e até preocupounos - perante non poucos momentos de desacougo. Tiñamos lido bastante sobre ciumes, teimas, marcaxes de territorio e outros comportamentos felinos trala chegada dun parruliño ao fogar. Debo confesar que había algúns medos: a imaxe do rabuñazo na cara nun intre de despiste facíase presente. Afortunadamente, nada máis lonxe da realidade.

As primeiras semanas con Catuxa na casa poderían ser nomeadas como "Etapa 1, ou de curiosidade". Carpín - curiosity killed the cat - observaba atentamente todos os movementos - eran moitos - arredor da nena, todos os ruidos, berros e choros, todas as poucas pausas. Gabeaba ao berce sempre que podía, para ter mellor perspectiva.
Por sorte, amosaba unha atitude tranquila, algo distante, seica paternal.

Carpín vixía o berce Velaí o tedes vixiando que nada impropio aconteza no berce, cando Catuxa aínda non tiña nin cinco días.

Xa coa cativa cun par de meses ou tres, arrinca a "Etapa 2, ou de respeito mutuo". Caracterízase polo intenso cruce de miradas: as da nena, entre tímidas e curiosas, tentando - tumbada na cama mentres lle cambian os cueiros - algún aceno de caricia ou agarimo cara ao gato, rindo miudiño de cando en vez - riseira sempre a Catuxa -; as de Carpín, nun perigoso equilibrio entre a precaución, a curiosidade e o medo, recuando axiña ante o máis mínimo achegamento da rapaza. Parecía dicir: " ¡a modo, xa haberá tempo para nos tocar!".

Co desenvolvemento da capacidade motriz de Catuxa - gatuxando ou semicamiñando, como agora mesmo - entramos na actual "Etapa 3, ou sálvese quen poida". Basicamente, cando a nena localiza ao gato no seu radio de acción, a secuencia de feitos é a seguinte: 1- A nena ri leda e, ao tempo, malévola. 2- O gato mira en derredor con disimulo, tratando de albiscar a vía de fuxida. 3- O terremoto ambulante desprega a súa forza, achegándose torpe pero implacábel a Carpín. 4- Cando a distanza o permite, e segundo o día, inicia un aloumiño, sinala algunha parte do gato que lle chame a atención nese intre ou, directamente, tíralle do pelo; todo isto, normalmente, entre risas. 5- Carpín, tras lanzar unha mirada suplicante ao adulto presente en procura de axuda, fuxe espavorecido cara a lugares máis seguros. 6- A nena trata de atopar de novo ao gato, e recomeza o ciclo.

Pero, en fin, aínda con este panorama, ¿quen pode dicir que non son unha parella feliz?

Catuxa e Carpin Catuxa e Carpin Catuxa e Carpin Catuxa e Carpin

Comentarios

Abuela de Catuxa ha dicho que…
Efectivamente os llevais muy bien teniendo en cuenta que la que dominas ere tu porque Carpin escapa.
Es una relación simpática como si el gato entendiese todo y pensara : " o me porto bien con este torbellino o me echan" y actúa con total naturalidad sin molestar a nadie porque sabe que casi, casi es uno más de la casa.
Estás simpática y MAYOR en las fotos y en la realidad ¡ qué pena! ¡ Que piernochas! Pensar que en dos meses escasos cumples el añito no me alegra porque eres tan RICA así!!!! Besitos y hasta mañana , mi princesita.
Isa Rey ha dicho que…
La verdad es que estoy gratamente sorprendida por la actitud del gato.
Durante el embarazo hubo muchos comentarios acerca de la toxoplasmosis, los celos, el pelo, las uñas, etc. y yo, como única responsable de tener a Carpín en casa, (a Alex los gatos no le gustaban demasiado), le defendía a capa y espada, pero con cierto temor interior, al fin y al cabo es un animal y, por muy bien que creas conocerle, puede sorprenderte su reacción ante algo totalmente nuevo.
Finalmente, me ha dado la razón en todo y puedo decir orgullosa que Carpín es un miembro mas de mi maravillosa familia.

Entradas populares