Catuxa, Top Model

Esta tarde Catuxa iniciou a súa carreira de top model. Fixo unha sesión no estudo Real Fotografía, na Coruña, onde traballa a nosa curmá, a fotógrafa Susana Ríos.

Nun estudo en tons escuros, e rodeada de flashes e reflectores, Catuxa pousou vestida e en cueiros; dentro dunha cesta de mimbre, con globos e nunha alfombra de lá. Foi máis de media hora, na que Catuxa sorriu, chorou, fixo palmiñas e pucheiros, sacou a lingua... Acabou cansa, pero aguantou ben.

O resultado ainda vai tardar un mes, pero confío en que Susana nos mande algún anticipo que poñer por aquí proximamente.

Comentarios

Entradas populares