Tranquilidade, música e piscina

Sábado de principios de setembro. O día é espléndido: 25 graos e apenas nubes. Os avós saíron de viaxe e tomamos O Peredo ao asalto toda a fin de semana. A auga da piscina de Catuxa leva quecendo ao sol desde as once da mañá.

Comimos de pinga: unha pescada da bisavoa e churrasco á grella, cunha boteliña de Luis Cañas crianza; de sobremesa, MaxiBon e café. Catuxa non quedou atrás: un tarro ben encheito de puré de lentellas con verduras (desde onte, xa pode tomar legumes).

Son as catro da tarde. A bisa durme a siesta no salón da casa. A carón da piscina, Dire Straits soa no MP3 do Tío Tiños (os do comezo, cando eran mellores: Setting Me Up, Down to the Waterline, Water of Love). Carol toma o sol nunha tumbona. Isa le o periódico noutra. Cúper e Kevin, os cans, dormitan á sombra das súas árbores favoritas.

Catuxa retouza na súa piscina. Xoga coa súa regadeira de xoguete, co seu cubo de xoguete, coa súa pá xoguete. Chapotea e salpícanos ao Tío Tiños e máis a min, que vixiamos de perto. De súpeto, detense e presta atención á música: gústalle e baila, co seu xogo de cadeira.

Paz e acougo. Agás cando Catuxa quer experimentar: ponse de pe, apoiada á beira do seu coche-piscina. Perigo, porque pode caer de fuciños, pero sempre o fai de cú na auga. Ri, chapotea outra vez, escoita a música e volve a mover a cadeira.

Tranquilidade, música e piscina.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
¿Donde está O Peredo? . Pintas todo tan idílico que " me lo pido".
Desde luego , paz lo que se dice PAZ , se debe de respirar.¿Pero todavía existen lugares asi?
Manoel Foucellas ha dicho que…
Es un secreto muy bien guardado: algún día se desvelará.
Pero sí, PAZ se respira, salvo algún que otro momento de segadora.

Entradas populares