Socia núm 27.666

[En castellano] O avó de Catuxa levaba ao pai de Catuxa cando este apenas levantaba un palmo do chan ao vello Riazor, aló na segunda metade dos 70. O cativo siareiro tíñase que conformar cun Dépor en Segunda no mellor dos casos (Pousada, Cantudo e craks similares), pero co tempo chegaron as recompensas.

En fin, como quera que fose a cousa, o pai de Catuxa quedou marcado de branquiazul para toda a súa vida. De feito, unha das súas fazañas foi crear a primeira peña en Internet do Dépor - aínda operativa, máis de dez anos despois - cando estudaba ¡¡¡en Vigo!!!.

Pero, como en todo nesta vida, sempre hai alguén que o supera a un. E ese é o meu cuñado, Juan: gabar a súa traxectoria deportivista cumpriría un blog monográfico. Como mostra un botón.

Juan colleu libre no traballo o 9 de novembro de 2005, isto é, o día seguinte a nacer Catuxa. Bueno, ¿e que?, diredes.

Socia num 27.666 Ás nove da mañá, Juan xa estaba no hospital; foi á Administración a coller os papeis para o Rexistro Civil; fíxonolos encher e asinar; marchou correndo e perseguiu ao funcionario de turno até que os aprobou (coa dificultade engadida de que a nena a rexistrar chamábase Catuxa). Acto seguido, de novo correndo ao Dépor, coa proba de que Catuxa existía, para obter o carnet número 27.666. ¡Catuxa era socia do Dépor con 23 horas de vida!

Xa entrada a primavera, Catuxa pisou Riazor por primeira vez: o encargado de tela no colo foi Joan Capdevila. Non sei se polo bo de Joan ou porque xa anticipaba o desastre que viña (derrota co Athletic, que estaba a piques de descender), a nena non parou de chorar, ante a atenta mirada de uns e outros.

Virán tempos mellores.


Catuxa, Capdevila, Tristan e Coloccinni

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
ESTE ANO É A SOCIA Nº23270

Entradas populares