Dous anos e un día

Onte cumpríronse dous anos desde o primeiro post neste blog.

Catuxa só tiña dez meses (chegaron logo un e outro aniversario). Pauliño aínda non existía: nin sequera era un proxecto. A tía Carol todavía non era a tía Carol e, por suposto, nin rastro había de Dieguiño. Cúper corría pola herba do Peredo e viviamos no centro da cidade, non nun chalet con xardín.

Cantas cousas pasan en dous anos e as que aínda están por vir.

Grazas por estardes connosco.

Comentarios

Entradas populares