Por fin

Mañá hai dúas semanas que aconteceu a gran nova, e aínda seguimos sen Internet: misterios da Sociedade da Información.

Pero, afortunadamente, roubeille o router ao avó e teño a posibilidade de escribir este post. E o post é importante, porque non chegaramos a comunicar a gran nova. Moitos de vós xa o sabedes, pero por si acaso, velaquí vai: Catuxa, os seus pais, Carpín e o bebé na barriga mudamos.

E agora vivimos nunha casiña a dez kilómetros da Coruña. Xa vola iremos presentando paseniño: ten dúas prantas, un salón moi grande e Catuxa ten a súa propia habitación, con espazo abondo para brincar con tódolos seus xoguetes. E, claro, un pequeno xardín para pasear co triciclo.

Hoxe, Día de Galiza, foi o primeiro de verdadeiro verán ao longo de xullo. Aproveitamos a festividade para montar a piscina de plástico que mercamos para Catuxa.

Remato cunhas fotos para que vos fagades á idea de como é a nova casa. Espero que nos vindeiros días quede solucionado o tema de Internet e poidamos ir ampliando información.


Comentarios

Entradas populares