Conflito escolar

- Papi, o neno das gafas pegoume no cole.
- Vaia, ¿e por que?
- Porque é malo. Moi malo.
- ¿E dixéchesllo á profe?
- Non. Pegueille eu.
- (Serio) ¿Pegácheslle ao rapaz?
- (Avergoñada) Non, díxenllo a profe.
- Cando che peguen, tes que dicirllo á profe.
- Vale. É que o rapaz das gafas é moi malo: pegoume porque tiña a pelota.
- ¿E onde che pegou?
- Na barriga, ¡pero non me fixo pupa! E eu pegueille logo.
- ¿Pegácheslle?
- Non, díxenllo á profe.

Comentarios

Entradas populares