¡Xa temos outro curmanciño!

Ninguén o adiviñaba o sábado no serán, cando a iso das oito da tarde marchábamos do Peredo tras un día en familia, disfrutando do sol e da calor. Alí quedaba a tía Carol, tan tranquila.

Seis horas despois, Dieguiño viña ao mundo tras pouco máis dunha hora de bastante balbordo na casa dos tíos e logo no hospital.

Domingo pola mañá alí estaban os pequechos, coñecendo ao novo curmán, que estaba estupendamente igual que a súa nai (non podemos dicir o mesmo do estresado pai, que tiña un ataque de lumbalxia polos nervos; nalgún momento cheguei a sospeitar que fora el quen parira).

Velaquí tedes o momento en que Paulo e Catuxa coñecen a Diego. ¿Imaxinades pola foto quen era o ser máis feliz do mundo, nese instante?

Comentarios

Entradas populares