Tres fases
Fase 1: En urxencias, despois da exploración inicial, a doutora decide facerlle unha analítica completa por que hai algo que non lle gusta. Así, o pequeno Paulo, queda en mans dos enfermeiros que lle sacan mostras e lle colocan unha vía. Non estabamos para moitas festas.

Fase 2: No cuarto do hospital, despois de varias horas de sono e sin comer apenas nada. Menos mal que pasou o "tito" Pablo a amenizar a xeira cun boneco ben xeitoso. O neno riu a esgalla e tamén falou un pouco na súa lingua. Parecía que a medicación comezaba a facer efecto. De calquera xeito, ainda non tirabamos foguetes.
Fase 3: No cuarto do hospital despois de comer a papa. Esto comeza a voltar a normalidade. Risas e xogos, ganas de falar e de andar, pura enerxía. Dende as 7.45 que espertamos, o piollo non parou un segundo. Unha tortura tendo en conta que o cativo estaba conectado ó aparatiño do suero, esgotador.

Resumindo, portouse como un campeón e xa esta na casiña durmindo pracidamente no seu berce. Afortunadamente o mal trago xa pasou.
Comentarios
En cuanto a Catu, ¿no tuvo período de adaptación? ¿qué pronto empezó el cole? Porque aquí mis compis mañana se cogen todos el día porque les empieza el cole con período de adaptación (van solo 1 una hora) a sus hijos de 3 años. O ¿es que se van de fiesta y se inventan lo del cole?
Bueno, en todo caso me alegro que todo vuelva a la normalidad y que Catu esté contenta en su nuevo cole.
Un besiño y a ver si nos vemos pronto. TUERCA
O período de adaptación pasámolo o setembro pasado, agora a nena xa é "maior" e adaptouse ó novo cole de marabilla.
Agora comezaremos ca adaptación de Paulico que o vindeiro luns empeza a asistir á guardería de Oleiros.
Manterémosvos informados das novidades puntualmente.
Un bico forte para ti tamén.