Cumpreanos feliz!

[En castellano] Semella incrible, pero xa ten pasado un ano. ¡Un ano, doce meses! Se aínda foi antonte cando a matrona abría a porta da habitación baleira e empurraba o berce, transparente sobre as patas metálicas con rodas, coa Catuxiña duns minutos de vida docemente durmida. Se só pasou un anaco desde que quedei só con ela, sen saber que facer, pregando que non espertara antes de que chegara a nai. Un suspiro desde que, a moi desgraciada, efectivamente espertou e comezou a chorar.

A nena, como supoño que xa se ten dito neste blog, tivo a feliz ocurrencia de nacer o mesmiño día que o seu avó paterno: o oito de novembro, sesenta anos despois. Así que a pasada fin de semana celebramos o primeiro de moitos cumpreanos conxuntos.

Como non son moi bo describindo a ledicia colectiva, teño que recorrer ao "fotopost". Se unha imaxe vale máis que mil palabras, penso que neste caso o dito é aínda máis certo.

En primeiro lugar, como non, os agasallos. Xa coñecedes que Catuxa devece polos bambáns, así que toma bambán portátil para O Peredo.

Bamban
E, para ceibar o stress (o seu, porque xera o efecto contrario nos que a rodean) un avión a pedais para percorrer grandes distanzas.


Ninguén esquece que Catuxa ten que ir á moda cando pasea pola Coruña. E a tía avoa Marta tívoo especialmente presente. Ollen para a cara de velocidade da miñoca.


Abonda de agasallos e brinquedos. Pasemos ao serio: soprar as candeas e pedir os desexos. Catuxa seica non pon demasiado interese, pero o entusiasmo do avó non ten desperdicio.


E, para rematar, as fotos oficiais: cos catro avós e cos tíos Tiños e Carolata.


Podedes ver máis grandes estas fotos e outras da festa pinchando na ligazón da galería, na parte superior dereita da páxina.

Comentarios

Entradas populares