Unha viaxe de avión con Catuxa

Algo máis de dúas horas e media é o que tarda un avión desde Madrid até Gran Canaria. Dúas horas e media que, con Catuxa ao teu carón, transcorren máis ou menos tal que así.

- Abre a xanela.
- Baixa a bandexa.
- A túa tamén.
- E a de mami.
- Acende a luz.
- Pecha a xanela.
- ¿Estamos no ceo?
- Abrocha o cinto, ¿vale?.
- E o teu.
- Abre a xanela.
- Colle a revista.
- Sobe a bandexa.
- E a túa.
- Apaga a luz, ¿vale?
- E a de mami tamén.
- Abre o cinto.
- E o de mami.
- ¿Chegamos ao chan?
- Quero durmir.
- Pecha a xanela.
- Non teño sono.
- Deixa a revista.
- Quero zumo.
- Baixa a bandexa, ¿vale?.
- Acende a luz.
- Quero pintar.
- Teño calor.
- ¿Estamos no chan?
- Pon o zumo na bandexa.
- Abre a xanela.
- Dame unha masaxe, ¿vale?.
- Sobe a bandexa.
- Apaga a luz.
- Quero facer pis.
- ¿Canto falta?
- Pecha a xanela.
- ¿Estamos no ceo?
- Quero durmir.
- Outra masaxe, ¿vale?.
- Non teño sono.
- ¿Chegamos a Canarias?
- Abre a xanela.
- Teño frio.
- Quero zumo.

...etc, até dúas horas e media. ¡Que lento pasa o tempo en vacacións!

Comentarios

Ramon ha dicho que…
Menuda pinta de trastes teñen os dous.

Deben ser uns saltaríns de moito raio, que non che deixan nin apoiar a cabeça no respaldo do avión.

Enhoraboa pola túa poesía, moi aghradable e divertida.

Un saúdo
Manoel Foucellas ha dicho que…
Sonche, Ramón, pero dan gusto.

Grazas polo da poesía. Mentira piadosa, sen dúbida...

Unha aperta.

Entradas populares