Primeiro día de cole

Comezaba hoxe o curso escolar para a pequena Catuxa e ataviada co seu uniforme dirixímonos á parada do bus. Ia ben leda a cativa coa roupa nova, (ainda terá que comer unhas cuncas de caldo para enchela, por que lle vai un pouquiño grande). 
Na parada xa estaba agardando Miguel, o primeiro compi do colexio novo, un neno xa grande cos seus dez anos. 
O bus chegou moi puntual ás 9.05 e a coidadora saudou a Catu cun "y esta niña tan guapa ¿quién es?" mentres ela, lixeiramente desconfiada, miraba para mami e dicia en voz baixa: "sube ti tamén". A despedida foi practicamente inexistente para evitar complicacións inecesarias, e a través do cristal observei como se sentaba no seu lugar e a acompañante lle abrochaba o cinto de seguridade. Unha balsa de aceite.

No bus de volta o que agardaba era o avó Manu. A nena baixou cun amplo sorriso e a cuidadora do bus comentou que durmira un anaquiño durante o traxecto. Parece que o pasou bastante ben este primeiro día: xogando cos compañeiros, coa profe Merce, no comedor tomando macarróns, milanesa e xeado, ..... 
Semella que o período de adaptación vai ser ben doado.

Comentarios

Entradas populares