Albiscando a autoxestión

"¡Que sorte a parelliña!" "¡Que ben o ides pasar!" Polo carallo, digo eu. Seguro que estará moi ben en non moito tempo, pero entre os ciumes e micos de ela, e os gases e fames de el, andamos breados. Ando breado eu, polo traballo e polo pouco que estou na casa. Nin vos conto como anda a nai, todo o día loitando coas feras.

Pero, hai dous días, un raio de esperanza. Pode que, non moi lonxe de hoxe, entre eles se vaian apañando. O que pasou seguiu esta secuencia:

  • Paulo, que estaba durmindo no seu carro, botou a chorar.
  • Catuxa deixou de prestarlle atención Epi e Blas, e fitou para o carro.
  • Ergeuse de contado e correu cara ao irmán, dicindo "non pasa nada, Paulo, non pasa nada".
  • Perante o meu pasmo, cando chegou a carón do carriño, dixo, como pensando en voz alta: "Catuxa colle pete, ti soia".
  • Púxolle a chupeta a Paulo e acougouno: "Xa está, Paulo. Xa está. Xa está".

Abraiantemente, a cousa funcionou. Paulo calou e seguiu durmindo; Catuxa voltou ao sofá e reenganchou con Epi e Blas. "Caralludo", pensei: algún día serei ceibe de novo.

Comentarios

Entradas populares