Pis e caca

Levamos uns días bastante pendientes dos esfínteres dos pequenos da casa.

Catuxa, como xa adiantou seu pai, comenzou esta semana no cole coa traballosa tarefa de abandoar os cueiros, e hoxe, polo que conta Rebeca (a profe), pediu pis cando se levantou de durmir a sesta; sentouse no penico e fixo. Todo un logro para a cativa, que chegou a casa ben contenta.

Polo outro lado temos a Pauliño, que é un cativo de oito semanas que xa mira pola economía familiar e, para aforrarnos toalliñas e cueiros, decidiu facer caca moi de cando en cando.

De feito, levaba dende venres sen facer e xa nos tiña un pouco preocupados, así que "Tita" chamou á consulta do pediatra e déronlle unha solución caseira para tentar solucionar o atasco intestinal. A mediodía mamá puxo en práctica a técnica do termómetro con aceite de oliva; e si, si, consiste exactamente no que estades pensando: tratar de masaxear o buratiño con movementos en círculo que estimulen a salida dos resíduos.

O certo é que funcionou, e aínda que daba un pouco de mágoa ver como o pequecho se esforzaba por axudar, quedou compensada coa relaxación que acadou despois de botar fora o tapón de cemento no que se convertiran as caquiñas.

Cantas experiencias novas, e as que nos quedan por diante.

Comentarios

Entradas populares