Dous

Son os anos que Catuxa cumpre mañán.
Pareceme que foi onte cando naceu e xa está feita unha mulleraza que vai e ven ao colexio ela soiña no bus.
Son tantas as cousas que vivimos xuntos que case non me creo que pasara todo esto en tan pouco tempo; pero quédome coa imaxe de esta tarde no Valiño con Jorge, Carol, Paulo e mamá como espectadores, mentres a estrela do show nos facia morrer coa risa véndoa saltar, xirar como unha peonza, tirarse no chan, rir, caer ...... Ela é así, unha nena feliz.
Pauliño é ben lindo pero Catuxa sempre será a nosa raiña.
Moitas felicidades.

(E non nos podemos esquecer do avoiño Pitu que mañán cumpre 60 anos mais que a súa neta. Un bico forte para el tamén).

Comentarios

Entradas populares