O bus do cole

O certo é que dende fai uns días, tiña unha débeda pendente con dúas persoas: Cholo e María, o conductor e a acompañante do bus do cole que, todolos días, a eso das 8.15 da mañanciña, pasa por diante da porta da casa a recoller a Catu.

Xa antes de empezar a utilizar o servicio de transporte, Cholo preocupouse por chamar para intentar facer o mais cómodo para a nena: así, pola mañan, Catuxa agarda na cocina a que o bus chegue (para que non pase frío ou se molle se chove), Cholo pita e, mentres Tita e mais ela atravesan o xardín, el sauda a través da ventanilla, dándolle os bos días.

O recibimento no bus corre a cargo de María, que a colle en brazos para que se despida e a senta na súa cadeira.

A seguinte parada é Cambre, donde recollen a Enma, unha nena de catro aniños que o primeiro día consolou a Catuxa con agarimos e prestándolle a súa boneca. Agora, cada vez que se ven no patio do cole, danse apertas e bicos; xa son moi amigas.

E mañán mércores dará comenzo a última etapa da adaptación á escola e será o primeiro día con horario completo, ata as catro da tarde, por que, ate o de agora, Tita recollía a Catuxa cando remataba de comer, contra a unha e media. Así que hoxe xa avisamos a Cholo para que non se esqueza de traer á cativa de volta ó Valiño. A súa resposta foi tranquilizadora: "perde coidado que a nena non queda en terra".

Comentarios

Entradas populares