Cinco mil seiscentos

Son os gramos que pesa Paulo, ás súas seis semanas de bo ano. Basicamente, gañou dous quilos en cinco delas, desde a súa primeira revisión. Ante tanta fermosura, non houbo senón admiración colectiva na consulta da pediatra. "Seguide así: está como un touro", dixo a doutora. "Está como unha vaca", probabelmente pensou.

A parte de Catuxa - que compartiu consulta co irmán - foi máis traumática, chorando desbordante de mico desque viu a padiola. O cumio miqueiro veu co pinchazo da vacina no súa coxa, que aínda a facía coxear cando subía as escaleiras para "momir" esta noite.

Comentarios

Entradas populares