Conversa telefónica

Esta noite, a rutina diaria para deitar a Catuxa foi un pouco mais longa do habitual, pois a rapaza tiña que "fafer" unha chamada. Así, colleu o seu móbil, (un que lle mercara mami nos chinos xa antes de nacer Paulico), e púxose a falar de xeito tan convincente que de feito parecía que houbese alguén ó outro lado do aparello. Cando eu lle insistín para que rematase e se deitase, ela fíxome calar co mesmo aceno que lle fago eu cando estou falando polo teléfono e ela berra ó meu caron: poñendo o dedo índice diante dos beizos.

Ante esta situación, decidín baixar a ver o partido do Depor mentres ela seguía falando; e, cando un par de minutos despois rematou, berrou dende o seu cuarto: "xa podes vir mami", as súas ordes, señora marquesa, respostei eu.
Cando cheguei arriba explicoume que estaba a falar con Maribel (a madriña do curmá Diego, un bico grande para ela), con Pili e con Manu.
O que non me aclaraou foi o motivo da conversa.

Comentarios

Entradas populares