Cada noite un conto


Pois si, seguindo o ritual diario, despois de lavar os dentes e "fafer pis" toca ler un conto sentada na cama.

Primeiro escolle entre o mogollón o libro que lle apetece: "hoxe o da galiña", (como poderedes comprobar os títulos son de colleita propia), despois decide quen le: "hoxe tócalle a mami".

Comeza o "chou", mami escenifica e pasa as follas sen deterse demasiado para que o trámite non se faga infinito, e cando se achega o final, a cativa espeta a mesma frase tódalas noites: "despois tócame a mín", e, efectivamente, cando mami remata, comeza ela a súa particular interpretación.

Chegado o fin da leitura, gardamos o libro no seu estante e procedemos á despedida con bico e aperta por separado, primeiro a mami e despois a papi. En ocasións da só o bico e acto seguido, con cara de sorpresa di: "me esquecía de la aperta, que parva" no seu perfecto gale-llano ou caste-go, vaia mistura leva!!!.

Unha vez en posición horizontal e abrazada ó seu canciño despídese desexándonos "moitas noites".

Moitas e boas para tí tamén parrula.

Comentarios

Entradas populares