Na (e Da)

Semella que Paulo xa se lanza a falar. Vale, esaxero un chisco, pero o que si agroman son os primeiros sons artellados. Dos glrrrrr, gnengnngengne e demais, de cando en cando déixase sentir un "Na" e, incluso, un "Da".

Se a isto lle engadimos que o raparigo xa é quen de poñerse de pé el só, sempre e cando haxa un apoio perto - a baranda do berce, unha cadeira cercana - e a abraiante velocidade de cruceiro que acada agatuñando, é claro que non queda espazo para o aburrimento con este Paulocho.

Comentarios

Entradas populares