Probando, probando

Achégase o primeiro día de escola para Catuxa no novo cole, e esta mañá pasamos pola tenda a mercar o uniforme. As fotos non fan xustiza, pero a cara da cativa non ten perda, alí estaba ela encantada coa "roupa nova", ainda que as tallas estivesen pensadas para nenos un pouquiño mais entrados en quilos e centímetros. De calquera xeito estaba ben xeitosa co seu chandal ou coa saia de cadros.



É unha mágoa que se faga maior tan apresa.

Comentarios

otomano ha dicho que…
Non sei que colexio é, pero entre as cores marela e azul e a nena loira ... ben parece unha ximnasta da Ukraina.

Nota mental - Teño que deixar de ver tantos xogos olimpicos
Manoel Foucellas ha dicho que…
Obradoiro, onde fixo o seu pai o EXB, naqueles tempos gloriosos nos que había EXB.

¡¡E non vexas tanta tele!!

Entradas populares