Catuxa e Paulo na neve

Nunca viran os pequenos tanta neve xunta, Paulo a lo menos, por que Catuxa xa pasara unha fin de semana en Entrimo con Carmen e Fernando con temperaturas baixo cero, (que lembranzas!, temos que repetir en Chile e con Carmencita, tomade nota!).

Así, o sábado montamos no coche ben abrigados e puxemos rumbo á neve chilena. Como ainda non comenzou a tempada de ski a cousa estaba moi tranquila en La Parva, pouca xente, "pouca" neve para o que acostuman e un día soleado perfecto para iniciarnos nesto de lanzar bolas de neve e camiñar enterrandonos ata os xeonllos. 

A única pega foi que ainda non mercaramos o trineo e os nenos tiveron que conformarse con ver como outros se tiraban pola costa abaixo, pero na próxima ocasión levaremos a equipación completa, prometido.









Comentarios

Entradas populares