Paseando polo parque

Pouco a pouco ímonos afacendo a Santiago. É unha cidade enorme, de máis de sete millóns de habitantes. Pero, como tal, ten moitas posibilidades.

Perto da nosa casa - iso quere dicir a uns dez minutos en coche - está o Parque Bicentenario, un dos máis novos da cidade. Linda cunha das zonas empresariais, chea de rañaceos que ben lembran a Manhattan: de feito, chámana "Sanhattan".

Aos nenos dalles bastante igual onde estea ubicado o parque. Con tal de que haxa xogos e poidan correr pateando na pelota, o resto é indiferente. Velaquí quedan as fotos.






Comentarios

Entradas populares