Excursión urbana: O Cerro San Cristobal

Durante estos días, como durante a semana papi está no traballo, se o tempo nos deixa, adicámonos a pasear polo barrio e incluso a baixar no metro ao centro, como nesta ocasión. Aproveitando que o día anterior chovera bastante decidimos achegarnos ata o Cerro San Cristobal, no mesmo centro da cidade, para facer unha pequena excursión urbana.

Así, subimos no metro en Manqueue, que é a estación que está mais perto da nosa casa e baixamos en Baquedano, nove estacións despois, (a Catuxa e Paulo fanlle moita graza os nomes das estacións). Dende alí, un pequeno paseo pola rúa Pio Nono ata a entrada do Parque Metropolitano no que collemos o funicular para subir ó Cerro San Cristobal.


Na subida coincidimos no mesmo vagón que dúas parellas de brasileiros ben simpáticos que escoitaban riseiros a conversa que mantiñan Catu e Paulo en galego. 


Unha vez arriba, comprobamos que ainda que chova abondo non nos libramos da nube de contaminación que cubre Santiago, pero que si miramos cara as montañas temos unha estupenda perspectiva da neve no cumio da cordilleira.




Trinta segundos despois de subir Paulo xa preguntaba cando ibamos para a casa, (o neno saíunos caseiro, carallo!), así que estaba feliz cando collemos de novo o funicular para baixar.



En definitiva, a eles o que máis lles gustou da excursión foron os traxectos no funicular e o xeado que mercamos no chiringuito. 

Comentarios

Entradas populares