Descubrindo Valparaíso

A nosa primeira excursión fora de Santiago foi a Valparaiso. A pouco mais de unha hora de coche dende a cidade atopamos á carón do mar este "paraíso" de cores, fermosas vistas e tranquilidade.

Chegamos a mediodía, aparcamos no porto e subimos nun dos elevadores á parte alta da cidade para, dende alí contemplar as vistas dende unha terraza saboreando un refresco (os nenos) e unha cervexa chilena (os adultos). O día era luminoso e todos xuntos disfrutamos do paseo e do colorido das fachadas.

Despois de xantar un peixe no porto, decidimos subir a unha das múltiples lanchas de pesca que, nas fins de semana, adícanse a pasear turistas polo porto. Aquí tedes os pequenos ataviados con cadanseu chaleco salvavidas regulamentario, montados no barco para ver Valparaiso dende o mar a de paso, se se deixan, os lobos marinos.


Unha xornada feliz os catro xuntos, que mais podemos pedir!.

Comentarios

Entradas populares