Nova etapa. Destino CHILE

Como ben sabedes, este ano 2012 trouxo unha novidade importante ás nosas vidas: por causa do traballo de papi a nosa pequena familia trasladou a súa residencia temporalmente un pouquiño lonxe, concretamente a Santiago de Chile.

Dende mediados de marzo, data na que papi marchou, todo xiraba arredor dese fermoso e descoñecido país. O traballo de mentalización dos pequenos da casa, para que o cambio fose o menos traumático posible, foi diario e o pasado día 3 de xuño, despois de múltiples despedidas, chegou a data da viaxe.


Deixamos atrás a avós e bisavóa, tíos e tías, curmans e moitos amigos, tristes pola nosa marcha pero ledos pola experiencia e a oportunidade tan grande que se nos presentaba. E así, con esa mestura de emocións iniciamos a nosa aventura.


Os mais pequenos estaban encantados e no aeroporto da Coruña xa posaban felices para a foto coas súas maletas de man. Nos tremiamos polo viaxeciño que nos agardaba, unha hora ata Madrid e trece horas ata Chile. Todo esto sin falar de Cloti, á que lle suministramos unha pastilla tranquilizante para que estivese un pouco relaxada a lo menos nas primeiras horas. 



E así, cargados como mulas, saímos da Coruña ás 20,30h do domingo e chegamos a Santiago ás 13,30h españolas do luns (as 7,30h locáis).

A viaxe foi ben boa, os nenos portáronse estupendamente, durmiron máis de 7 horas e o resto do tempo ocupámolo cos ipads, xogando, vendo pelis e tomando a cea e o almorzo do avión. No destino, unha vez pasados todos os trámites da aduana, montamos no taxi-furgón que nos agardaba e dirixímonos á nosa casa chilena. Esta era á imaxe antes de cruzar a porta da casa: mil bultos, dous nenos e un gato. Esgotados pero contentos.


A primeira xornada aproveitámola para ir de compras, (o frigorífico estaba valeiro) e coñecer un pouquiño o noso novo barrio. Pola tarde tamén pasamos a saudar os nosos veciños Rubén (un amiguiño do traballo de papi), Vanesa e as pequenas Claudia e Valeria, que a estas alturas xa forman parte da nosa "familia" chilena. 

Despois do baño, as enerxias fallaron e Paulo aproveitou o sofá para botar unha soneca,


Xa con algo de forza a cear e a durmir que isto non fixo mais que comenzar.



Continuará.......




Comentarios

Entradas populares