Catuxa e a neve

Esta fin de semana, Catuxa coñeceu a neve. Tempo haberá para escreber longo e tendido sobre o tema. Polo momento, velaquí un avance a xeito de foto. Tedes máis na galería.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Aproveito que estou "blogera" para facer un breve comentario sobre "Catuxa, a nena":
Polo xeral tódolos pais consideran que os seus fillos son os mais bos e os mellores do mundo.
Pero eu, dende aquí (que aínda que non son nai, son tía das que pensa que os seus sobriños son os mellores..), e despois de pasar 3 días coa pequena Catu, coa obxectividade que aún me queda, podo afirmar que é unha nena moi, moi,moi boa.
Nin un "berrinche", nin unha "perrencha", nin un "choro" que durara mais dun segundo.
Adaptouse perfectamente a todo: á casa, aos novos irmáns-compañeiros do asento de atrás do coche, incluso á comida do Xurés-Gerés...
O único que non permite Catuxa é, (tomade nota) que tiredes do brazo dos seus pais de forma ameazante.
Concluíndo, ¿dixen eu que ía ser breve????:
Tres días en Entrimo cheos de "bolachas" e "aloumiños (¿dise así?)"....
Isa Rey ha dicho que…
Dado que son a nai da criatura, sería moi pretencioso pola miña parte dicir que, unha vez mais, coincido plenamente co comentario de Tuerca; pero, teño que aclarar, que con compañeiros de viaxe coma Carmen e Fernando da gusto estar en calquera lugar, e neste caso, no que ademais actuaban de anfitrions, ata incluiran na lista da compra os iogures e as bolachas preferidas do pai da cativa.
Ai que ver que estades en todo.
Un biquiño para os dous, (a ver si temos unha festa pronto, carallo!!!!).

Entradas populares