Cantajuego en directo

Todo comezou cando a Catu lle aprenderon en Andaina (o seu primeiro cole) unha canción que dicia "Eu teño unha casiña que é así, e así...." e un día Abu-Pili escoitou na tele un anuncio de Cantajuego con esa mesma canción, ainda que en castelán; e así entraron primeiro no Peredo co Vol.I e despois no Valiño ata completar unha colección de catro.

Xa vos podedes imaxinar, todo o santo día coas cancións a voltas, a Catuxa encantábanlle e podía pasar horas e horas frente ó televisor cantando e bailando co burriño Pepe, Ramón, o Zapateiro e todolos demais amiguiños.

E pasou o tempo e a Catu empezaron a gustarlle outro tipo de debuxos, pero entón chegou Paulo e tamén foi abducido por Cantajuego e de novo repítese a historia.

Así que cando soubemos que Cantajuego actuaba na Coruña, mercamos inmediatamente catro entradas, iso que non tiñamos moitas esperanzas de que Pauliño aguantase todo o espectáculo, dada á súa fobia ás multitudes de descoñecidos, pero pensabamos na ilusión que lle ía facer a Catuxa, ainda que cando llo contamos puxo cara de "Uff, Cantajuego, pero si eso é para nenos pequenos como Paulo". Pois si que nos agarda un bo plan para un venres pola tarde.

Pero bueno, chegou o día e alá fomos pertrechados con merenda, galletas (por si había que untar a algún para que acougase), iogur de beber, auga e cámara de fotos, of course!. Como podedes comprobar, pasámolo de maravilla, sobre todo Catuxa que cantou, bailou, aplaudiu e de todo. Pauliño tivo un momento crítico no inicio do espectáculo, cando de súpeto apagaron as luces e puxeron a música a todo volume, pero durou o que tardei en darlle unha galleta Chiquilín, as súas preferidas.

E alí estivemos hora e media longa cantando, bailando e sobre todo disfrutando co moito que eles disfrutaban. Aquí vos deixamos unhas fotos ilustrativas.







Comentarios

Entradas populares