Chimpando

Onte viñeron xantar e pasar a tarde Nachito - un vello amigo meu, da época da universidade -, a súa dona Mirena e o seu bebé de dous meses, Mario.

Nacho é moi afeccionado á fotografía, e aproveitou a sesión de piscina de antes da merenda para tirarlle unha boa serie aos rapaces. Velaquí os tedes: Paulo, moi a modo, sentado no primeiro chanzo da escaleira xogando cos diferentes bonecos e pelotas; non quere saber nada de baixar máis.

Catuxa, pola súa banda, é unha tola de chimpar: desde a veira, desde os chanzos, lanzada por papá. Nas fotos queda ben claro.

Comentarios

Lecturas y tecnología ha dicho que…
Maravilloso día con los peques y el reencuentro con los papis. Curiosamente llegue quemado por el sol en brazos y cara.... Y eso que parecía que no quemaba. A ver cuando viene la siguiente.
Bicos a los cuatro
Natxo y Mirena

Entradas populares