Up
O pasado luns, aproveitando as vacacións de papi e mami, e que facía un día bastante maliño, deixamos a Paulo cos avós e fomos con Catuxa ó cine. Era a súa primeira vez.
A peli escollida foi "UP", seguramente un pouco complexa de mais para a súa idade, pero do que se trataba era de que a nena vivise a experiencia de ir ó cine cos maiores a ver unha peli de debuxos.
Así que, pertrechados con todolos aditamentos: flocos de millo, cuca de laranxa (fanta) e un coxín para estar un pouquiño mais alta na butaca, (estos de Yelmo teñen todo estudiado), pasamos unha hora e media "de película", tanto os pais como a filla.
Aquí tedes a foto conmemorativa.

Comentarios