Chegada a casa
Hoxe cheguei á casa máis o menos como todos os días, a iso das oito e media pasadas. Subín do garaxe, abrín a canceliña, deixei o ordenador, as chaves, o reloxio... e fixen "cu-cu".
Risas desde a cociña. Máis "cu-cu". E, de súpeto, o ruído dos pasos inseguros. Miro cara á porta e, trala súa sombra, a miñoca. Coa súa bata laranxa - herdanza da irmá - até os nocellos, camiñando cal boneca de Famosa. Sorrí de orella a orella cando me ve e espeta un "baaa" no aire do salón. Camiña a todo o que lle dan as súas pernas aturadas na bata.
A metade de camiño, a irmá - ciumes - sae da cociña e comeza a correr. Eu espero de crequenas na outra beira do salón. Chegan ao tempo canda min e dámonos unha aperta a tres, rindo.
¿Pode haber algo mellor?

Comentarios