Pola illa de Arousa
Hoxe tocou excursión un pouco máis lonxe: achegámonos até a Illa de Arousa.
Chegamos co tempo xusto para sentármonos a xantar nunha taberna do porto de Xufre. Catuxa amosou de novo que anda moi ben de apetito, e deu boa conta tanto do polbo á feira - creo que era a primeira vez - como do sargo a prancha que nos trouxeron.
Tralo xantar, aproveitando a boa tarde - quince estupendos graos o penúltimo día do ano - demos unha volta polo porto e, logo, polas praias de Punta Carreirón.
A iso das seis e pico collimos o coche para voltar a casa. Os nenos chegaron derreados: baño, cea e a durmir, que mañán será outro día.
Velaquí quedan algunhas fotos da velada (fixádevos nas botas novas tan chulas que leva Catuxa).

Comentarios