As ondas de Barrañán

Despois dunha excursión por Dexo antonte, coa mar brava arredor da Marola, Catuxa quedou con gañas de ver máis ondas. Así que onte aproveitamos o sol para ir, ben abrigados, á praia de Barrañán.

Ondas non faltaron, desde logo, pero vento e frío tampouco: tras cinco minutos á veira do mar estabamos xa conxeados. Menos mal que había un parque tralas dunas e puidemos xogar un rato, xa resgardados do vento. Velaquí quedan unhas fotos.

Comentarios

Entradas populares