Xa non ten remedio

Os esforzados adultos do Valiño estamos comezando a sufrir a etapa de: empezo a razoar, a sacar conclusións, a expresarme con certa fluidez, a preguntar agardando por unha resposta válida, a negociar os chuches despois da cea, a dosificar os bicos e as apertas para conseguir os meus propósitos....., e cada día, a pequena Catu, sube un chanzo o nivel.

Esta tarde, sen ir mais lonxe, seguimos escrupulosamente o ritual establecido para os días laborables, e dicir: debuxos na tele de 19:00 a 19:30, concretamente Juan e Tolola, ás 19:30 cea na cociña, de sobremesa un chuche dos de Paco e Flor, (son os froiteiros), e cando rematamos, contra as 20:10, pasamos polo salón camiño do cuarto e apagamos a tele. Hoxe a pregunta sorpresa foi: ¿mami, a ti tamén che gusta "la palabra" como a Manu e Pili no Peredo?; e que resulta que os avós son adictos a ese concurso: "pasapalabra".

A cousa xa non ten remedio!!.

Comentarios

Entradas populares