Tita

Parece mentira, pero despois de casi dous anos de blog, creo que ainda non lle dedicaramos un post a unha das persoas maís importantes na vida da pequena Catuxa, xunto con pais, avós, bisavóa, tios e curmáns.

María é Tita para Catuxa, por que así a chamou dende pequerrecha, e ainda que moitas veces rifan por que as dúas son un pouco tercas, son como uña e carne e non poden estar a unha sen a outra.

O certo é que a Tita sempre lle gustaron moito os bebés, canto maís pequenos mellor, pero teño moito que lle agradecer por que a Catuxa e a Paulo aténdeos como se foran os seus fillos, e incluso en ocasións me chama a atención por non ter feito algo ao seu gusto.

Aquí vos deixo unha foto das dúas protagonistas, (sobre as trenciñas non vou facer ningún comentario).


Comentarios

david santos ha dicho que…
Linda niña!
Dios la tenga siempre en su camino.

EURO 2008

ESPANHA Finalíssima!!!!!!!!!!!!

Entradas populares