Vaia vida!!!!!


Como poderedes comprobar a palabra estres non forma parte do vocabulario gatuno de Carpín.
Xa comentamos algunha vez que a súa adaptación á vida campestre fora total, en contra de todalas previsións. Entra e sae cando lle peta, déitase no xardín ao sol, cando quere comer chama a través da porta ou da xanela para que lle abramos, xoga a perseguir moscas e paxariños e, cando se farta, entra no despachiño e deitase no seu cesto, ó carón de mami.
Iso si, sobre posturiñas non hai nada escrito.



Comentarios

Entradas populares