A noite tola de "Tito"

"Tito" (diminutivo de gatito), é o nome que emprega Catuxa para chamar ao noso gato Carpín.
A historia do mico comeza alá por finais de Xullo do 2003 cando, con apenas un mes e medio de vida, chegou ao noso pisiño de Ronda de Nelle. E alí pasaron os anos, catro para ser mais exactos, nos que Tito só saía da casa unha vez ó ano para a sua visita regramentaria ó veterinario.

Así, poderedes entender o trauma que supuxo para o pobre animal todo o proceso de traslado á nosa nova residencia, outra galaxia gatuna.

De feito, a adaptación foi traballosa: o primeiro día pasouno agachado nun armario, sen sair para nada, e cando digo para nada, é para nada. O segundo día atreveuse a sair do armario para comer un pouquiño e oliscar pola habitación; e así, moi pouco a pouco, foi pasando revisión a toda a casa.

Unha semana despois da mudanza decidiu sair ó xardín e pisar a herba, e agora, cumpridas as tres semanas de estancia no novo habitat, xa incluso persegue moscas e volvoretas.
Así, onte á noite, saiu a tomar o fresco e, cando nos iamos deitar, o gato non apararecía por ningures. Mirei por él, chameino, e nada, non apareceu. Deiteime pensando que, probablemente, xa non o veríamos mais (está claro que un gato de piso non ten moitas posibilidades de supervivencia a ceo aberto).

Pero a sorpresa chegou pola mañá, cando apareceu na porta da cociña en perfecto estado. Abrímoslle, comeu, bebeu, fixo as súas necesidades na area e subiu raudo e veloz á nosa cama a deitarse porque estaba desfeito de tanta troula.

Tito, Tito!!!!!!.

Comentarios

Entradas populares