De excursión
A Catuxa xogou seguido co caldeiro e coa pá, e finalmente atreveuse a achegarse á auga. Non lle gustou nada a zona tranquila, a das pociñas entre as rochas. Así que fomos á parte das ondas, que rachaban con certa forza na beira, bastante máis que nas tranquilas praias de ría ás que está afeita a miñoca. O descobrimento foi interesante e xerou non poucas risadas, pero por pouco tempo: "aba fía". Efectivamente, xeaba, así que nos secamos un pouco e marchamos; xa era tempo de xantar.
Un novo paseo pola praia de Malpica e aínda quedaron forzas para, xa de volta, un novo baño na piscina do xardín. Unha bonita xornada de excursión.
Comentarios