Catuxa de la Quadra

Tiramos hoxe de arquivo para rescatar un vídeo da pasada Semana Santa. Trátase dunha excursión á costa de Dexo, aproveitando un día de sol. Xa falaramos dela por aquí.

Decatádevos como Catuxa se amosa intrépida, abordando con decisión o enorme, impoñente obstáculo que ten diante de si; pero tamén prudente, acudindo por axuda cando o considera acaído.

Por que non dicilo: a nena é bastante exquisita, asimesmo. Ollade para as súas mans: non quere manchalas por nada do mundo. Isto último perdura, sendo exemplo claro o seu comportamento na praia estes días de verán; quere saber pouco da area: se é posíbel, mellor ficar enriba da toalla.

Comentarios

Entradas populares